miércoles, 17 de mayo de 2023

IGREXA DE SAN BARTOLOMEU DE PARAFITA - PARAFITA - CHANDREXA DE QUEIXA

 IGREXA DE SAN BARTOLOMEU

PARAFITA

CHANDREXA DE QUEIXA

Parafita
     Parafita unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 25 habitantes, deles 13 eran homes e 12 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Parafita
     Parafita

Chandrexa de Queixa
     Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central.

     Segundo o padrón municipal, no ano 2019 tiña 456 habitantes (854 en 2003).

     É un concello eminentemente gandeiro e agrícola que, a día de hoxe, está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.

     Un acontecemento que veu a marcar drasticamente a vida e o porvir diste concello, foi a construción do encoro de Chandrexa de Queixa alá polo final da década do 1940 e principios do 1950.

Comarca da Terra de Trives
     A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. 

     A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

Xeografía
     A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros. A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia.  

MAPA 

 


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901