ESTACIÓN DE TUI
TUI
Estación de Tui
A estación de Tui é unha estación de ferrocarril fronteiriza con Portugal situada no municipio español de Tui na provincia de Pontevedra, comunidade autónoma de Galicia.
Na actualidade carece de servizo de viaxeiros.
Situación ferroviaria
Atópase no punto quilométrico 2,8 da liña férrea de ancho ibérico que une Guillarei coa cidade portuguesa de Valença do Minho a 26 metros de altitude.
Historia
A estación foi inaugurada o 1 de xaneiro de 1884 coa apertura da liña Guillarei-fronteira portuguesa.
MZOV foi a encargada de construír este curto ramal que tiña con función principal unir as redes españolas e portuguesas grazas a unha ponte internacional sobre o río Miño que se concluiría en 1886.
En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.
En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en RENFE.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901