O CANDEDO
CHANDREXA DE QUEIXA
O Candedo
Santa María do Candedo é unha parroquia do concello de Chandrexa de Queixa na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña trece habitantes (nove homes e catro mulleres), un menos ca no ano anterior.
Lugares da parroquia do Candedo
O Candedo
Chandrexa de Queixa
Chandrexa de Queixa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e que forma parte do Macizo Central.
Segundo o padrón municipal, no ano 2019 tiña 456 habitantes (854 en 2003).
É un concello eminentemente gandeiro e agrícola que, a día de hoxe, está moi despoboado e en franco retroceso demográfico.
Un acontecemento que veu a marcar drasticamente a vida e o porvir deste concello, foi a construción do encoro de Chandrexa de Queixa alá polo final da década do 1940 e principios do 1950.
Xeografia
O concello ten unha extensión de 172,75 km². Limita ao norte cos concellos de Castro Caldelas e San Xoán de Río (mediante a serra do Burgo), ao sur con Laza e Vilariño de Conso (serra de Queixa), ao leste coa Pobra de Trives e Manzaneda, e ao oeste con Montederramo (serra de San Mamede).
Sitúase no Macizo Central Ourensán, e está atravesado polos ríos Requeixo, Dorelle, e Queixa, afluentes do río Navea. Os 35 núcleos de poboación están situados entre os 1000 e os 1200 metros de altitude.
O concello está a 6 km da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda.
Ten un clima de media montaña, con invernos moi fríos e veráns calorosos. As precipitacións non pasan de 1100 mm por ano, cunha moderada seca durante o verán.
O chan é granítico cara ao leste e de lousa cara ao oeste. Sobre o subsolo hai unha capa de terra fértil, na que se asenta unha densa vexetación.
Patrimonio
Entre a arquitectura relixiosa, ademais das igrexas parroquiais, destaca a capela e o cruceiro de Parafita.
Entre a arquitectura popular destacan os fornos de leña, como o das Forcadas, ou o Casal de Drados.
En Celeiros destaca o Museo Etnográfico.
Respecto ao patrimonio natural está a fervenza de Dorelle, a fonte da Previsa, a área recreativa de Cardiego e mais a área recreativa de Santa Cruz.
Comarca da Terra de Trives
A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra.
A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901