viernes, 20 de agosto de 2021

IGREXA DE SANTA EUFEMIA - SANTA EUFEMIA DE AMBÍA - BAÑOS DE MOLGAS

 IGREXA DE SANTA EUFEMIA

SANTA EUFEMIA DE AMBÍA

BAÑOS DE MOLGAS

Igrexa de santa Eufemia

Datación:
       Século IX, inicio da alta Idade Media.

       Capela de estilo prerrománico do século IX e con influencia mozárabe.

      Cronoloxicamente está relacionada con outras dúas capelas do mesmo estilo nas terras de Ourense: Santa Comba (concello de Bande) e San Miguel (nos terreos do actual mosteiro de San Rosendo en Celanova), promovidas pola actividade do mosteiro de Celanova nos seus inicios e polo seu principal impulsor, Rosendo Méndez.

       En poucos lugares se pode atopar semellante concentración de patrimonio arquitectónico-relixioso, nos inicios da Idade Media europea, coas peculiaridades do estilo propio peninsular, marcado pola influencia da cultura mozárabe.

       A planta actual componse dunha soa nave con ábsida rectangular na que aínda se conservan dous arcos dobres de ferradura. 

     Conta con tres capelas interiores nas que se ven os arranques dos arcos que formaban parte das tres naves primitivas.

      No seu interior atopamos dúas aras de orixe romana (Baixo Imperio Romano) e un cristo crucificado en talla de madeira de orixe medieval-románica.

      Da época da romanización, figura no contorno de Santa Eufemia a chamada «Fonte das Ninfas», lugar de onde virían as aras que hoxe están no interior da capela de Santa Eufemia.

 
Catalogación:

      Ben de interese cultural (BIC). Declarado Monumento Histórico-Artístico (Decreto 3 de xuño de 1931).

Acceso
     Estrada OU – 0108. MACEDA – ALLARIZ. Dende Baños de Molgas imos cara a Xunqueira de Ambía e Allariz. Molgas – Santa Eufemia de Ambía: 3.7 km. 

     En coche, 6 minutos; andando, 45. Posibilidade de facer o mesmo percorrido por un carreiro á beira do río Arnoia, pendente da súa mellora e sinalización como ruta de sendeirismo. Monumento sinalizado.

Comarca de Allariz
      A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova.

     A súa capital é Allariz.

    Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901