PONTE DOS CABALOS
PARADA - GURGUEIRO
RÍO ARNEGO
AGOLADA - LALÍN
Ponte dos cabalos
Ponte Medieval, no camiño Real, moi preto do Castro de Parada, e a Igrexa Románica de Alperiz, que unía a banda de Lalín con Agolada, salvando as augas do rio Arnego.
Construída no ano 970, ten dous arcos de medio punto e taboleiro con grandes laxes de pedra. Une aos dos concellos polas parroquias de Parada e Gurgueiro.
É a única que queda das 6 pontes medievais que enlazaban a comarca do Deza con Antas de Ulla.
Por ela pasaba un camiño real que ía dende Lalín ata Taboada.
No estudio dos camiños medievais de Galicia, de Elisa Priegue, entre outras publicacións, cítase o seu paso, e pago do portazgo obrigado, estando exento estudiantes, mais non os cregos
Río Arnego
O río Arnego é un río da provincia de Pontevedra.
O río Arnego ten o seu nacemento a 800 metros de altitude, na Pena de Francia (Serra do Faro) ao unírense varios regatos.
Logo de recibir os cursos de auga do Alemparte, Pedroso, Gurgueiro, Parada, Cadrón, Vilariño, e Brantega, desemboca no río Ulla en Brocos, á entrada do encoro de Portodemouros.
Comarca de Deza
A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.
Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.
O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.
Situación
A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.
Orografía
A comarca está estruturada pola dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, da Martiñá ao sur, do Candán ao oeste coa e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte.
O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado Decense no seo da diocese de Lugo.
MAPA
SÍGUENOS:
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901