domingo, 20 de septiembre de 2020

CASETA FORESTAL DO MONTE GALIÑEIRO - SERRA DO GALIÑEIRO - VINCIOS - GONDOMAR

 CASETA FORESTAL DO GALIÑEIRO

MONTE GALIÑEIRO

SERRA DO GALIÑEIRO

VINCIOS

GONDOMAR

 Monte Galiñeiro
     O monte Galiñeiro sitúase entre os concellos pontevedreses de Vigo e Gondomar, con cumio na parroquia gondomareña de Vincios a unha altura de 711 metros. Intégrase na serra do Galiñeiro, da cal tamén forma parte o parque natural do Monte Aloia.

     O segundo domingo de xullo acolle o curro do Galiñeiro ou de Vincios, no lugar de Auga da Laxe.


Etimoloxía
     O topónimo "Galiñeiro", habitual na Galiza, podería provir do termo celta *kal(l)- (de onde tamén provén Gallaecia, termo que evolucionou ás actuais Galiza/Galicia), co sentido de "rocha", "con", "penedo".


Xeoloxía
     A orixe do monte remóntase á oroxénese alpina acontecida durante o Cenozoico, no período Terciario. 

     A ladeira norte do monte, correspondente á parroquia viguesa de Zamáns é rica en gneis, formando parte do complexo ofiolítico denominado Complexo de Malpica-Tui. 

     Tamén son numerosas as intercalacións de anfibolitas, verdes e escuras, adoitando aparecer os gneis sulcados de filóns de seixo con abundante magnetita.


     Os lados sur e oeste compoñen o chamado contacto sur do gneis Galiñeiro, formado por rochas compostas por seixo, moscovita e turmalina negra e, na zona máis alta deste contacto, por xistos con mica e turmalina, ademais dunha potente pegmatita explotada antigamente para a extracción do feldespato.

Arqueoloxía
     Gran parte da sona do monte débese ao complexo arqueolóxico dos petróglifos de Auga da Laxe. Trátase dunhas representacións de máis de 25 armas, entre as que atopamos espadas curtas, puñais e alabardas, datadas no Calcolítico (entre o III e o II milenio a. C.).


Serra do Galiñeiro
     A serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa que atravesa os concellos pontevedreses de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, en dirección NO - SL.

     Acada a súa maior altura no monte Galiñeiro, con 711 metros, con cumio no concello de Gondomar. Outros montes importantes son os vigueses Alba e O Cepudo e o tudense Aloia, constituído como parque natural.

Vincios
     Santa Mariña de Vincios é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar.

     Segundo o IGE en 2012 tiña 2.059 habitantes (1.030 mulleres e 1.029 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.877 habitantes.

Patrimonio
     No monte Galiñeiro están os petróglifos de Auga da Laxe. varias rochas gravadas nunha chaira aberta cara á ría de Vigo.

     A Pedra das Procesións ten na súa cara, inclinada cara ao sueste, un conxunto de figuras representando modelos concretos de armamento da primeira fase da metalurxia no territorio galaico, hai uns 4500 anos. Aparecen representadas coa punta cara a arriba e a maior escala do seu tamaño real.

Lugares de Vincios
   Os Arcos, A Atalaia, Bichicáns, Os Borreiros, Brandufe, O Caeiro, Os Casás, A Cernada, O Covelo, Ervillás, Figueiró, A Fraga, Guisande, A Lameira, A Laxe, Os Muíños, Os Nandíns, O Outeiro, A Pasaxe, Piñeiro, A Resteba, A Rocha, O Salgueiro, A Serra, A Torre, O Tumbio, A Veiga, Xián

MAPA

  

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901