domingo, 6 de septiembre de 2020

LAGOA DA MINA MERCEDES - CAMPAÑA - VALGA

LAGOA DA MINA MERCEDES
CAMPAÑA
VALGA
 

Lagoa da Mina Mercedes
     É tamén coñecida como a lagoa de Santa Cristina ou 'A Charca ', e ten a súa orixe nunha explotación ao descuberto dun material que era destinado á fabricación do ladrillo. 



     Unha vez que se abandonou, esta lagoa artificial foi colonizada por plantas e animais propios de ambientes palustres, reconverténdose de forma natural nun humedal. 


     Na actualidade 'A Charca ' é un exemplo de impacto ambiental reconvertido nun ecosistema de gran interese, susceptible de protección


Campaña
     Santa Cristina de Campaña é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. 



     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 999 habitantes (498 homes e 501 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 975 habitantes.


Patrimonio
     A igrexa de Santa Cristina é de estilo románico do século XII. Nunha das reformas ás que foi sometida descubríronse, ó retira-lo retablo, unhas interesantes pinturas góticas (dos séculos XV-XVI) no muro da cabeceira da ábsida, relativamente ben conservadas.



Lugares de Campaña
     O Coto, A Devesa, A Eirexe, O Montiño, O Pumariño, Os Rebeldes, Rúa Nova, O Souto, A Torre



Valga
     Valga é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2014 era de 6.050 persoas. O seu xentilicio é «valgués, valguesa».



Localización
     Valga atópase na beira esquerda do curso baixo do río Ulla; está cruzado pola autoestrada AP-9, o camiño de ferro da Coruña a Vigo, a N-550 da Coruña a Pontevedra e a C-550 de Fisterra a Tui.



     A parte norte ocúpaa o amplo val do Ulla, ao que verten os ríos Louro e Valga, que transcorren paralelos parte do seu percorrido. Nos lindes do suroeste atópanse o monte Fontebecha (372 m), O Mecho (365 m) e o Outeiro da Marquesa (356 m). Cara ao sueste está a ladeira do monte Xesteiras (que chega aos 716 m entre Cuntis e A Estrada). 


     Nesta zona máis interior do concello sobresaen o Monte Gorgullón (283 m), o Monte Ouroso (354 m), o Outeiro da Carballeira (350 m), o Outeiro dos Lobos (402 m), o Alto dos Salgueiros (372 m), o Monte da Lagoa (397 m) e o Monte Lomba (371 m). As vías de comunicación circulan en dirección norte-sur na depresión entre as unidades montañosas de Fontebecha e de Xesteiras.


      As temperaturas son suaves, cunha media de 13 °C. Chove bastante, até chegar aos 1.700 mm anuais.

 
Historia
     Durante a idade Media o territorio era señorío do arcebispo de Santiago de Compostela e dividíase entre Cordeiro e Padrón.



     O 27 de abril de 1809, durante a Guerra de Independencia española tivo lugar a Batalla de Casal do Eirigo. Nela os voluntarios do lugar, dirixidos por Pablo Morillo e polo presbítero Felipe Concha fixeron retroceder até Pontecesures as tropas de Ney e Maucunne. Parece que con tal ocasión foi construída a ermida de Nosa Señora da Saúde.


     O concello xurdiu da división municipal de 1821, levando o nome de Cordeiro até 1836. En 1925 segregouse a parroquia de San Xulián de Requeixo, dando lugar ao actual concello de Pontecesures.


Patrimonio
     Pedra das Serpes, ou petróglifo de Campo Redondo.



     O petróglifo dos Penoucos de Campo Redondo, na parroquia de Valga, data da Idade de Bronce, e está declarado Ben de Interese Cultural. Da cultura castrexa son os poboados do Castro e a Roda do Castro (Setecoros) e O Castro (Cordeiro).


     A capela dos Martores data do século V, sendo ampliada no XVII. A igrexa de Santa María de Xanza e a de Santa Cristina de Campaña son románicas. A igrexa vella de Santa Comba de Louro foi derrubada no século XVIII.


     Dada a orografía do territorio, abundan os miradoiros, como o de Chan do Monte en Setecoros, o de Campo Redondo e o miradoiro do monte Xesteiras.


     Valga celebra o 31 de agosto a Festa da anguía e a Mostra da Caña do País.


Parroquias de Valga
     Campaña (Santa Cristina), Cordeiro (Santa Comba), Setecoros (San Salvador), Valga (San Miguel), Xanza (Santa María) 


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901