EIRA DE CEBRAL
CEBRAL
FROUFE
O IRIXO
Cebral é un lugar da parroquia de Froufe no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Tiña 7 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 3 mulleres.
Froufe
San Xoán de Froufe é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
No ano 2007 contaba con 88 habitantes, deles 39 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Traxectoria
A igrexa parroquial é de comezos do século XVII, con modificacións posteriores. Nesa época modificouse o templo primitivo medieval, construíndose unha porta lateral. De 1634 é o retablo maior. A igrexa foi ampliada na segunda metade do século XVIII, restaurándose a porta lateral en 1763, construíndose a tribuna en 1765, a cuberta en 1778 e a espadana en 1779. En 1786 construíuse un púlpito, que xa non se conserva. En 1802 reedificouse a sancristía, e en 1811 construíuse o arco que dá acceso á capela maior desde a nave.
Xa en 1900 repintouse o retablo maior e colocouse un machón de granito para sostelo. A fachada é lisa con porta de arco de medio punto e espadana rematada en frontón con dous ocos para as campás, construída en 1779.
O retablo maior é de orixe manierista, sendo modificado posteriormente. Ten banco con pinturas manieristas sobre táboa representando temas en relación coa Paixón do Señor, dous corpos e ático. Leva unha talla dun Santo Antón, dunha Inmaculada pisando o dragón infernal e de San Roque. No ático hai unha imaxe de San Xosé e alusión popular ós Evanxelistas Marcos e Lucas nas representacións escultóricas dos extremos. Consérvase o sagrario-expositor primitivo do retablo. O retablo esquerdo é neoclásico, de 1834, coa imaxe da Virxe do Carme. O retablo dereito é barroco, da segunda metade do século XVII.
O 6 de novembro de 1678 foi ratificada de forma solemne a Confradía de San Xoán de Froufe. Na entrada do templo hai un cruceiro con pousa de comezos do século XIX. E Subirol hai un peto de ánimas de 1992, cunha pequena imaxe de María Auxilladora.
Lugares da parroquia de Froufe
Cebral, O Covelo, Frixe, Froufe, Parteme, Sidre, Silvares, Subirol, Surribas
O Irixo
O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.
Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.637 habitantes (2.092 en 2003).
Xeografía
O concello, de 120 km² de superficie, abrangue 12 parroquias, e sitúase ao noroeste da provincia de Ourense.
Limita ao norte cos municipios de Lalín e Dozón, ao sur cos de Boborás e O Carballiño, ao leste co de Piñor e ao oeste cos de Forcarei, Beariz e Bohorás.
Está situado ao pé da serra do Testeiro. Os solos son de granitos e xistos do precámbrico, nos que a forte erosión provocou morfoloxía aplanada.
Destaca o monte do Paraño (800 m). Os bosques, matos e pastos ocupan máis do 80 % da superficie municipal.
A presenza de carballos e castiñeiros nas valgadas minguou pola reforestación de piñeiros e eucaliptos, se ben os incendios forestais fixeron desaparecer moitas das plantacións, deixando en ocasións a rocha á vista.
Nas zonas húmidas e fluviais hai numerosos ameneiros, e nos lugares próximos ao tendido ferroviario hai acacias e mimosas, usadas para fixar os desmontes ocasionados pola construción das vías.
Existen tamén numerosas praderías naturais de secaño, e zonas de matagueira nas que destacan o toxo, a uz e a xesta.
Os solos son bastante pobres e ácidos, sendo necesarios os fertilizantes e correctores para a agricultura.
Parroquias do Irixo
Campo (Santa María), Cangues (Santo Estevo), A Cidá (Santa Mariña), Corneda (Santiago), Dadín (San Pedro), Espiñeira (San Pedro), Froufe (San Xoán), Loureiro (Santa Mariña), Parada de Labiote (San Xulián), Reádigos (Santa Baia), O Regueiro (San Pedro), San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)
Comarca do Carballiño
A Comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901