CAPELA DAS ANGUSTIAS
OUSENSA
CALEIRO
VILANOVA DE AROUSA
Trátase dunha construción de planta rectangular, de estrutura moi sinxela, coroada por unha cruz que se une ao tellado por medio dun trisquel.
O máis destacable no conxunto do ámbito é un cruceiro sobrio e rudo, con fuste octogonal no que aparece a figura dun santo, que puidese ser Santiago Apóstol. Ten capitel con volutas e cruz lisa.
Ousensa
Ousensa é un lugar da parroquia de Caleiro, do concello pontevedrés de Vilanova de Arousa.
Segundo o INE tiña 230 habitantes (107 homes e 123 mulleres) en 2012, o que supón un continuo descenso en relación ó ano 2000 cando tiña 276 habitantes.
No muro dunha casa particular, xunto a outros elementos escultóricos tamén descontextualizados, atópase o panel dun baldaquino que representa a adoración dos Reis.
Lugares da parroquia de Caleiro
A Aduana de Corón, A Pantrigueira, Boutrín, Caleiro, Corón, Currás, Galáns, O Montiño, Ousensa, San Roque de Corón, Saradelo, Tarrío, Vilamaior
Caleiro
Santa María de Caleiro é unha parroquia que se localiza no concello de Vilanova de Arousa.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 3.072 habitantes (1.589 mulleres e 1.483 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3.085 habitantes.
Patrimonio
A Igrexa de Santa María de Caleiro, de orixe románica e que conserva elementos da fábrica medieval (ábsida, canzorros...).
András (San Lourenzo), Baión (San Xoán), Caleiro (Santa María), Deiro (San Miguel), Tremoedo (Santo Estevo), Vilanova de Arousa (San Cibrán)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901