lunes, 19 de agosto de 2013

PONTE DO ALÉN - BARCIADEMERA

PONTE DO ALÉN
RÍO DO ALÉN 
SAN XOAN DE MOSTEIRO 
BARCIADEMERA
COVELO

     
     San Xoan de Mosteiro e o seu ámbito, esconde a historia máis antiga da parroquia de Barciademera, no concello de Covelo.




     Neste lugar, no máis profundo do canón polo que discorre o Rio Alén (afluente do Tea) encontramos unha paraxe esquecida durante anos na que nos trasladamos a outra época, pode que a outra dimension, ao mais ala, todo parece estar rodeado de misterio, nótase cada paso que se dá.



Barciademera
      É unha das parroquias con máis poboación do municipio. O río Alén sepáraa do limítrofe Mondariz, salvo os lugares de Alén e Caxil que pertencen á parroquia e están na outra marxe do río.


     Aínda queda na parroquia o lugar onde perdura a tradición da existencia dun antigo Mosteiro, e onde moi probablemente estivo a primitiva igresia ou capela parroquial, ata que foi trasladada ao lugar actual, quedando só unha capela construída pola "Santa Inquisición" e un bosque de carballos; este é o lugar de San Xoan do Mosteiro



A Ponte
     No mesmo lugar encontramos unha ponte medieval ben conservada e os restos dunha vía antiquísima que se perden na espesura do bosque onde se pode encontrar a "Fonte Santa" cuxas augas eran moi buscadas hai anos e manteñen durante todas as estacións a mesma temperatura.  


Unha ponte a onde?
     Algúns cóntannos esta ponte lleba ao pobo do Alen, ao pobo que nons conduce ao mais alla, intentaremos buscar o pobo. Pero se escoitamos de varias persoas o relato, deste lugar.



     Sería ademais outra das causas que orixinarían o gran desgaste do camiño empedrado que estamos a percorrer. Impresionante empredrado que nos fai transladar a tempos pasados, a un lugar descoñecido
 


     A tradición popular conta que no entorno da ponte en este apartado lugar se realizaban as execucións por parte da Inquisición, e que esa é a causa de que se amoreen sobre esta fonte que esta ceca de el amiño arriba, unha enorme cantidade de cruces, tanto de pedra coma de madeira, en recordo á gran cantidade de victimas aqui xerada.




     Cóntase que este lugar, era amiño de paso o misterioso e descoñecido e profundo camiño o interior do bosque que rodea o Alen, ata conta de unha cidade na que os vellos marchaban a morrer




      A impresionante Ponte do Alén
     Esta lugar "A Ponte do Alen" impresiona, segue estando enchido de cruzamentos, segue sendo lugar de paso de cultos ao que se achegan multitude de persoas, e segue sendo un lugar misterioso no que se reciben moi estrañas sensacións, en especial polas noite.





     Os paisanos seguen contando que existía algunha estraña cova usada a xeito de foxa común e mesmo de minas que xeraban riqueza para o antigo mosteiro, pero todo isto non é certo.... ou si?…. Nunca se puido demostrar nin o un nin o outro.




     San Xoan de Mosteiro segue sendo un lugar realmente intrigante.




     Debemos saber tamén que podemos continuar o paseo despois da Fonte Santa, xa que a paraxe segue sendo unha natureza case virxe de extrema beleza, se podria perder un embriagado pola beleza do lugar.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901