CAPILLA DE SANTIAGUIÑO
ERMIDA
CUNTIS
Localizada no lugar da Ermida, está provista dun
soportal na súa fachada -que terma dun tellado- e erguida nunha paraxe
moi fermosa, próxima ao río Umia e no interior dun campo circundado por
vellos carballos e castiñeiros.
O Santiaguiño da Ermida é un centro
espiritual de grande antigüidade, xa existente no S. XVI aínda que ben
puidese ter as súas orixes no medievo xa que esta edificación dá nome
ao lugar, A Ermida.
Ademais do apóstolo
venérase a unha Virxe da Pena (ou da Peña) que contan que apareceu nas
inmediacións, xunto a un manancial de auga milagreira que aínda se
conserva e que nas súas pedras leva gravado ese suposto milagre
mariano.
No que respecta á imaxe de
Santiago Apóstolo, había a tradición de mergullalo no interior do río
Umia para que o santo lle trouxese boas colleitas aos labregos do lugar
e para implorar a chegada das choivas cando tocaba un ano de seca.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901