PAN DE REISES
FOTOS: XOAN ARCO DA VELLA
Cando nada sobraba, fora de fame , como celebrar o Nadal, si non se podía case comer?: Pois cun pan de reis.
Os ingredientes, o que había pola casa , humildes ingredientes, de todo o ano. Pero co a fariña de moer as espigas encarnadas, os reises, gardados para estes días. Un pan especial,de un millo escaso. O mais celebrado nas esfolladas.
Amasado con agarimo e imaxinación.
Fai
falta 2 kg de fariña de reis, fermento duns dias antes, sal, , azucre o
gusto (sin pasarse) 500 grs.de fariña de centeo ou triga, agua tibia ,
canela, anises moídos e un picadillo variado de figos e uvas pasas ,
noces picadas.
Si soio hai millo tamén sirve, as outras fariñas "de ricos" son para suavizar o pan. Non son imprescindibles.
Si soio hai millo tamén sirve, as outras fariñas "de ricos" son para suavizar o pan. Non son imprescindibles.
O primeiro necesario e o fermento, millor amasado dous ou tres días antes.
Con medio kg de fariña milla, un 150 grs, de levadura fresca ,unha migalla de sal e un bo chorriño de vinagre.
Amásase con agua tibia , a que admita, hasta facer un boliño,que se vai gardar en sitio fresco ata o momento de facer o bolo.
Sempre se garda un pouco da masa xa amasada para que sirva de fermento do seguinte pan.
Así amasamos:
Poñemos nun cacharriño axeitado a fariña milla, o sal e imos botando auga tibia pouco a pouco, mesturando ben.
Añadimos o fermento, e imos amasando botando o centeo ou trigo pouco a pouco. Agora vai o azucre, anises moídos, canela e o picadillo de froitos secos.
Amasar con agarimo hasta que se poida traballar sin case que se pegue as mans, poñendo mais fariña si se precisa.
Añadimos o fermento, e imos amasando botando o centeo ou trigo pouco a pouco. Agora vai o azucre, anises moídos, canela e o picadillo de froitos secos.
Amasar con agarimo hasta que se poida traballar sin case que se pegue as mans, poñendo mais fariña si se precisa.
Recollemos a masa , espolvoreamola de fariña e, moi importante: dibuxa coas mans unha cruz sobre a masa.O pan es sagrado e compre bendicilo. Tapase cun trapiño limpo e deixase medrar nun sitio quente.
Cando dobra o volume é a hora de tendelo.
Faremos bolos do tamaño que queiramos e , sobre follas de verdura ou cana , tentemos as bolas , emplastándoas ate que quede unha torta, de 3 dedos de alto. Espolvorear de fariña..
Volvese a marcar co as mans unhas liñas e...a o forno.
Cando a lareira era todo, cocíase debaixo do rescoldo, cuberto por unhas follas de verdura para protexelo un pouco.
XOAN ARCO DA VELLA
Esas mazorcas, máis que elementos comestíbeis, son unha obra de arte plástica. Marabillosas.
ResponderEliminarDeixo o meu blogue de cociña: bolboretasnobandullo.blogspot.com
Apertas!