PEDRAFITA DE LAMAS DE LAGORZOS
LAGORZOS
SAN COSMEDE DE CUSANCA
O IRIXO
Pedrafita de Lamas de Lagorzos
Situada á dereita da estrada local que vai dende O Irixo a Dozón, xusto no límite entre os dous concellos e as provincias de Ourense e Pontevedra.
De 1,50 metros de altura, ten gravadas unha D na cara norte e unha I na cara sur, nidia referencia aos concellos de Dozón e O Irixo.
Na cara oeste pódese ver unha gravura de feitura indeterminada e na cara que dá ao leste unha cruz tipo pometeada.
Aprécianse, ao menos, dúas pequenas coviñas.
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.
Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
VIDEO
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
Texto: Xavier Moure
XOAN ARCO DA VELLA








No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901