IGREXA DE SAN FIZ DE LAXE
MEITRIZ
A LAXE
O SAVIÑAO
Meitriz
Meitriz é un lugar da parroquia da Laxe no concello do Saviñao, na comarca de Terra de Lemos.
Segundo o IGE a súa poboación no ano 2009 era de 2 persoas (1 home e 1 muller), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 6 habitantes.
A Laxe
San Fiz da Laxe é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo.
No ano 2007 tiña 44 habitantes, deles 23 eran homes e 21 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares da Laxe
Beleigán, Fondo de Vila, Gonzán, Meitriz, San Fiz, A Veiga
Comarca de Terra de Lemos
Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.
Toda esta comarca forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.
Pertencen á comarca de Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA










No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901