IGREXA DE SAN XOÁN DE VILANOVA
VILANOVA
LALÍN
Igrexa de orixe románica, reformada no s. XVIII. Conserva da época románica a fachada, de pedras moi irregulares, e os muros laterais.
A portada é dun arco de medio punto cunha arquivolta decorada con arcos e tacos incisos, está sustentada por dúas columnas de bases enterradas e capiteis moi pouco traballados. A espadana ten dous arcos e óculo. A seteira é produto da modificación barroca.
Nos muros consérvanse algúns canzorros de tipo xeométrico e con formas de animais.
No interior hai un retablo barroco coroado co escudo de armas do undécimo Conde de Lemos, o que o dataría na primeira metade do século XVIII.
Vilanova
San Xoán de Vilanova é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.
Segundo o INE en 2009 tiña 223 habitantes, distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.
Patrimonio
O castro de Vilanova consta dun recinto de forma oval irregular. O eixo NL-SO, mide uns 110 m no interior e 120 m no exterior. O eixo NO-SL mide 90 m no interior e 100 m exterior, no punto máis ancho.
Todo o perímetro está protexido por un terraplén aparentemente de terra, aínda que nalgúns puntos se aprecia a existencia de pedra.
Na zona sueste e na sur hai muros de pedra, de cachotaría de xisto, que non alcanzan toda a extensión do terrapléns e non parecen relacionados claramente coa estrutura orixinal.
No interior da coroa destaca un afloramento rochoso bastante prominente que funciona como unha especie de parapeto, pois o forte desnivel no sueste foi aproveitado para reforzar as defensas.
Precisamente neste sector, ao sur do recinto, é onde está a entrada mediante a interrupción do terraplén.
Lugares de Vilanova
A Abeleda, O Barreiro, A Canda, As Carreiras, Corrigatos, Costoia, O Cruceiro, Mouriscade, Os Muíños, San Tomé, Vilanova, Vilar de Montes
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA













No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901