sábado, 7 de diciembre de 2024

SANTUARIO DA PEÑA DE FRANCIA - DOZÓN

SANTUARIO DA PEÑA DE FRANCIA

DOZÓN

     Dinos Otero Pedrayo que desde a Pena de Francia podemos visualizar o Monte Faro, así como o Pico Sacro, e non se equivoca, debido a que aos 914 metros de altitude temos unha das Áreas máis singulares do noso Concello, a cal se ve coroada por unha Capela cuxa advocación é a Virxe da Pena de Francia, e que deu comezo a unha Romaría destacada na contorna.

     Conta a tradición, que tres irmás que vivían na Serra da Martiñá ourensá, tiveron que fuxir das bruxas que alí chegaron, polo que cada unha escolleu un lugar repartíndose así: a chamada Morena é a nosa Virxe da Pena de Francia, mentres que outra foi para o Monte Faro, concretamente a aldea de Requeixo, e a chamada Magdalena foi a parar a Forcarei.

      Xorde así unha Romaría, vinculada a numerosas lendas como a explicada, e cuxo nome vén marcado pola famosa vitoria dos Galegos fronte aos Franceses nesas loitas da Independencia tras a Invasión Napoleónica. 

      Aínda que podemos enmarcar as orixes da devandita romaría dacabalo entre os S.XVII-XVIII, temos que dicir que o lugar da Pena de Francia posiblemente foi o elixido pola simple finalidade de cristianizar aqueles lugares onde se practicaban cultos pagáns, e temos que dicir que neste sentido as zonas elevadas eran os enclaves máis elixidos polos cultos anteriores ao cristianismo.

Comarca de Deza
       A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.

      Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.

       O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza. 


MAPA 

 

Fuente: Concello de Dozón

XOAN ARCO DA VELLA

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901