CAPELA DE SANTO DOMINGO
SANGUIÑEDO
DOZÓN
É unha capela sobria en tamaño e decoración.
Está situada á beira da estrada N-525.
É
unha capela dunha nave, ábsida rectangular e pilastras nas esquinas, rodéaa un zócalo
continuo tallado na pedra.
Ten unha capela lateral encostada.
A fachada tamén está enmarcada por pilastras, a porta é adiltelada e rodeada cunha moldura plana sen decoración.
O único elemento decorativo sitúase encima da porta e é o escudo do Mosteiro de Oseira que se compón de dous osos empolicados nun piñeiro entre dúas figuras simbólicas da vida e a morte unidas por unha cadea.
O remate superior componse con frontón recto partido para situar a base para un pequeno campanil metálico.
Ten xanelas abucinadas nos muros laterais e na ábsida.
MAPA
Fuente: Web Dozón Turismo
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901