viernes, 8 de noviembre de 2024

CRUCEIRO DE PENA CORNEIRA - PENA CORNEIRA - LAMAS - LEIRO

 CRUCEIRO DE PENA CORNEIRA

PENA CORNEIRA

LAMAS

LEIRO

       Segundo di na ficha do PXOM de Leiro: “Cruceiro construído en granito, con plataforma cuadrangular de dous chanzos sobre a que se asenta un pedestal cúbico do que arranca un varal de sección circular con capitel cadrado sobre o que se asenta unha cruz de sección cadrada recrucetada.

       Este elemento está protexido polo decreto 571/1963 e ten consideración de Ben de Interese Cultural pola Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español.

     O seu estado de conservación é regular debido a erosión e liques”.

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

      A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

      Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 

       Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901