MUIÑO EN VILAR
RÍO CEO
CERDEIRA
AS NEVES
Cerdeira
San Xoán de Cerdeira é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado.
Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 108 habitantes (52 mulleres e 56 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 110 habitantes.
Nesta parroquia acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros.
Economía
A parroquia conta cunha granxa de cría de visóns. Esta parroquia tamén conta cunha granxa de cría de vacas
Festas
Celebra a súa festa o día 26 de xuño na honra do seu patrón San Xoán de Cerdeira. Tamén se fai a festa da Virxe do Carme que ven sendo o 8 de agosto.
Coñecida en toda Galicia polo seu requeixo feito de leite puro de vaca, cuxa festa gastronómica se celebra o Venres Santo na parroquia das Neves.
Lugares de Cerdeira
A Aldea, O Eido de Abaixo, O Eido de Arriba, Empiade, A Fenteira, O Regueiriño, O Reguiño
Comarca do Condado
A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.
Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901