IGREXA DE SANTA MARÍA
ALVIDRÓN
ANTAS DE ULLA
Alvidrón
Santa María de Alvidrón é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla.
Segundo o IGE en 2009 tiña 46 habitantes (27 homes e 19 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación (Alvidrón, Feás e Mancegar), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 57 habitantes.
Xeografía
Está situada ao norte do concello, separada polo río Ulla do concello de Palas de Rei no lugar da Ponte Mercé.
Patrimonio
A súa igrexa parroquial é orixinalmente románica do século XII, conservando desa época canzorros nas ábsidas e a porta principal, con tripla arquivolta de medio punto, sendo sostida a maior delas por columnas acodilladas rematadas por capiteis con motivos vexetais.
Un dos canzorros, coñecido como A Nugalla, é antropomórfico, cunha man na boca e outra entre as pernas.
Festas
Celebra festas patronais na honra de San Brais (3 de febreiro) e tamén por San Antón (13 de xuño).
Lugares de Alvidrón
Alvidrón, Feás, Mancegar, Outeiro
Comarca da Ulloa
A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.
A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.
O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901