viernes, 11 de enero de 2019

PENAVAQUEIRA - MELÓN

PENAVAQUEIRA
MELÓN
OURENSE

Penavaqueira
     Penavaqueira é un lugar da parroquia de Melón no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro.



     Tiña 91 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 38 eran homes e 53 mulleres.



Melón
     Santa María de Melón é unha parroquia do concello do mesmo nome (Melón), situada na provincia de Ourense.



     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 603 habitantes (284 homes e 319 mulleres), o que supón unha diminución en 8 habitantes en relación ao ano anterior.



Lugares da parroquia de Melón  
     Cima de Vila, A Cortella, O Coruxal, A Costa do Cuco, A Fonte Santa, A Hedreira, Melón, As Mestas, Penavaqueira, A Ponte, O Retiro, Seoane, Tourón, Valmourisco



Parroquias de Melón
     Melón (Santa María), Quins (Santa María)


Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.


     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.


     Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). 



     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.


     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 



     Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901