IGREXA DE SAN MARTIÑO
FIESTRAS
SILLEDA
A igrexa de San Martiño de Fiestras é a igrexa parroquial de Fiestras, no concello pontevedrés de Silleda.
Descrición
Algúns aspectos da igrexa, como a súa ábsida, fan pensar nunha antiga construción románica ou incluso noutra anterior de orixe visigótica.
Ao adro e cemiterio, accédese dende a antiga estrada a Forcarei mediante unha escaleira, a carón da cal se atopa o cruceiro parroquial.
Fiestras
San Martiño de Fiestras é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda.
Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 127 habitantes (68 mulleres e 59 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 139 habitantes.
Historia
A antigüidade da parroquia indícasenos polo seu patrón, San Martiño, e polos nomes de lugares como Recimil ou Aragonza, este último relacionado con Aragonta, raíña de Galicia e da familia dos Condes de Deza no século X.
A igrexa de San Martiño de Fiestras data cara ao ano 1170. O mosteiro de Aciveiro exercía sobre estas terras o seu poder, concesión do rei Fernando III en 1232, cunha granxa e paneira presidida pola, aínda hoxe existente,
Casa do Convento, tamén coñecida como Casa do Arco, no lugar de Maril.
Lugares de Fiestras
Aragonza, Barcia, Costoia, Fiestras, Maril, Marín, Recimil, San Martiño, Santo Antonio
Parroquias de Silleda
Abades (Santa María), Ansemil (San Pedro), Breixa (Santiago), Carboeiro (Santa María), O Castro (San Mamede), Cervaña (San Salvador), Chapa (San Cibrao), Cira (Santa Baia), Cortegada (Santa María), Dornelas (San Martiño), Escuadro (San Salvador), Fiestras (San Martiño), Graba (Santa María), Lamela (San Miguel), Laro (San Salvador), Manduas (San Tirso), Margaride (San Fiz), Martixe (San Cristovo), Moalde (San Mamede), Negreiros (San Martiño), Oleiros (San Miguel), Parada (San Tomé), Pazos (San Martiño), Piñeiro (San Xiao), Ponte (San Miguel), Refoxos (San Paio), Rellas (San Martiño), Saídres (San Xoán), Siador (San Miguel), Silleda (Santa Baia), Taboada (Santiago), Vilar (San Martiño), Xestoso (Santa María)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901