IGLESIA DE SAN LOURENZO
NOGUEIRA
San Lourenzo de NogueiraSan Lourenzo de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello de Meis na comarca do Salnés.
Segundo o INE, en 2016 tiña 593 habitantes (276 homes e 317 mulleres), o que representa un descenso respecto ó ano 2014, cando tiña 637 habitantes, para alcanzar practicamente a poboación que tiña en 2004, cando eran 597 habitantes.
Lugares de San Lourenzo de Nogueira
Ai, Brea, Cavada, Chorente, Fontenla, Ladrido, O Porrelo, Pedras, Rial, Rialdonio, Seixo
Parroquias de Meis
A Armenteira (Santa María), Meis (San Salvador), Nogueira (San Vicente), Paradela (Santa María), San Lourenzo de Nogueira (San Lourenzo), San Martiño de Meis (San Martiño) San Tomé de Nogueira (San Tomé)
Meis
Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio é «meisiños - meisense».
A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Meis.
Limita ao norte con Vilanova de Arousa e Portas, ao leste con Barro e Pontevedra, ao sur con Poio e Meaño, e ao oeste con Ribadumia.
Patrimonio
Labirinto no petróglifo de Outeiro de Cribo.
Existen restos da cultura castrexa no monte Castrove, no que tamén se sitúan os petróglifos de Outeiro de Cribo.
Ademais de tres pazos situados na parroquia de Paradela: o pazo de Señoráns, o pazo de Pompeán e o de Quintáns, destacan os antigos muíños fluviais, destacando o conxunto de Arcos.
Turismo
A celebración da Semana Santa de Paradela, unha das parroquias do concello, foi declarada festa de interese turístico galego.
Festas gastronómicas
Festa dos Callos: no lugar do Mosteiro, en xullo.
Festa da Carne de Poldro: o 15 de agosto, tamén no Mosteiro. Celébrase desde o 2006, coincidindo coa Feira Anual do Cabalo.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901