CAPILLA DE SAN AMARO
DOADE
SOBER
LUGO
San Martiño de Doade
San Martiño de Doade é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 164 habitantes, 75 eran homes e 89 eran mulleres.
Lugares de Doade
O Bidual, Castro, Ceceda, Doade, Francos, A Lampaza, Mourentán, Vilachá, Vilar de Mouros
Sober
Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2014 era de 2.453 persoas. O seu xentilicio é «soberino».
Xeografía
Sober atópase na Terra de Lemos. Limita ao norte e leste con Monforte de Lemos, ao norte e oeste con Pantón e o río Cabe, e ao sur co canón do río Sil. Ten unha superficie de 134 km², e sitúase a 77 km da capital da provincia.
Economía
O sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina.
A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata.
A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado).
Viño de Amandi
Sober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe.
Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de viño de Rectoral Amandi.
Historia
Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa.
Durante o período do imperio romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona.
Da constitución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias.No 785 o bispo Odoario de Lugo fundou a vila de Amandi.
Patrimonio histórico e artístico
A Casa grande de Rosende é un pazo datado en 1511, situado na parroquia de Rosende. Tamén era coñecido na comarca como A Casa das Señoritas. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural non sendo posible a súa visita. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.
Parroquias de Sober
Amandi (Santa María), Anllo (Santo Estevo), Arroxo (San Martiño), Barantes (San Xoán), Bolmente (Santa María), Brosmos (Santa Cruz), Bulso (San Pedro), Canaval (San Pedro), Doade (San Martiño), Figueiroá (San Salvador), Gundivós (Santiago), Liñarán (San Martiño), Lobios (San Xillao), Millán (San Nicolao), Neiras (San Salvador), Pinol (San Vicente), Proendos (Santa María), Refoxo (Santo Estevo), Rosende (San Miguel), San Martiño de Anllo (San Martiño), Santiorxo (San Xurxo), Vilaescura (Santa María)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901