FERVENZA DE MIÑOTEIRA
REGO DE MIÑOTEIRA
MOSENDE
PORRIÑO
Mosende
San Xurxo de Mosende é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 848 habitantes (435 mulleres e 413 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 859 habitantes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 817 habitantes, sendo 405 homes e 412 mulleres. Pertence ó arciprestado de Louriña.
O Barbeito, O Caeiro, O Casal, A Cavadiña, A Costeira, A Devesa, O Falcato, Figueiras, O Folón, A Levada, As Madorras, O Monte, O Regueiro, A Ruela
O Porriño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo, en concreto ao Val da Louriña. Segundo o IGE en 2014 tiña 18.508 habitantes. O seu xentilicio é «porriñés».
Limita ao norte co municipio de Mos, ao noroeste co de Vigo, ao oeste co de Gondomar, ao sur co de Tui, ao sursueste co de Salceda de Caselas e ao leste co de Ponteareas.
Medio ambiente
O Porriño sofre un deterioro medioambiental dende principios do século XX, que se está intentado paliar.No municipio encontráronse abundantes vestixios do Paleolítico e da Idade de Bronce, especialmente na parroquia de Budiño, o que evidencia unha moi temporá ocupación do territorio.
Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século XIX, dentro do Partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estrutura superficial. Con posterioridade, en 1904, creouse a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo.
En 2007, o Concello do Porriño promoveu unha votación popular para escoller sete lugares destacados no municipio, as sete marabillas do Porriño. As escollidas, por esta orde, foron as seguintes:
Faro de Budiño, un monte formado por enormes penas de granito con paredes case verticais, visible dende todo o val da Louriña.
Casa do Concello, un edificio construído entre 1921 e 1924 en estilo rexionalista. O seu autor é o arquitecto porriñés Antonio Palacios. A casa do concello do Porriño foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por Antonio Palacios para este uso e inaugurado en 1924. É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre ameada, a profusión de vans e a rica ornamentación. O edificio ardeu no ano 1976, destruíndose o seu interior na práctica totalidade. A reforma iniciada posteriormente remata en 1983. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e levou á ampliación lateral do edificio en datas máis recentes.
Gándaras de Budiño, unha zona húmida creada pola confluencia do río Louro con varios regatos, creando un sistema de lagoas, brañas e bosques de ribeira. Forma parte da Rede Natura 2000.
Roteiro da rocha e a auga en Carracido, un percorrido circular duns 4 quilómetros no que se atopan penedos, zonas arboradas, muíños, lavadoiros etcétera.
Muíños de auga das parroquias, elementos do patrimonio popular espallados polas sete parroquias, máis de corenta atópanse restaurados.
A Risca, zona de 10 hectáreas dentro do monte Gulpilleira do Porriño, con abundantes penedos de formas singulares e boas vistas sobre o val.
Fonte do Cristo, outra obra de Antonio Palacios, inaugurada en 1905, de estilo ecléctico e carácter vertical, combina a pedra co ferro e a louza.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901