domingo, 6 de diciembre de 2015

MIRADOR DO XABREGA - SOBER

 MIRADOR DO XABREGA
CAÑÓNS DO SIL
SOBER 
LUGO


      Unha pequena ruta pola beira do río Xabrega en Anllo (Sober). O río Xabrega ou rego de Camilo, despois dun percorrido duns 5 km con gran desnivel cae no Sil por unha parede rochosa na que forma unha fervenza de gran altura interrumpida pola estrada de acceso a embarcadoiro dos Chancís. O seu curso foi aproveitado para mover numerosos muíños e dous batáns. tamen podemos disfrutas de unhas impresionantes vistas do Río Sil.


Anllo
     Parroquia dunha notable beleza paisaxística, con vistas ás ribeiras do Sil e do Cabe e punto ademais de encontro entre estes dous ríos no lugar coñecido como A Barca.



     Dentro da rede hidrográfica destaca tamén o regato de Portizó, que albergou infinidade de muíños. Ata non hai moito algúns deles aínda eran utilizados polos veciños desta parroquia.



     Parroquia dunha notable beleza paisaxística, con vistas ás ribeiras do Sil e do Cabe e punto ademais de encontro entre estes dous ríos no lugar coñecido como A Barca.



     Nesta parroquia, no lugar de Castinande, naceu a finais do século XVIII o afamado pintor Juan Bernardo Pérez de Castinande. Parte das súas obras aínda se conservan en numerosas casas grandes do municipio, entre elas a casa rectoral de Anllo.



     Conta a tradición que neste lugar de Portizó existiu en tempos un priorado, do que hoxe só se conserva a casa, e nela pódese ver unha inscrición do ano 1669.



SOBER
Medio Natural     
     O espazo natural máis importante fórmao a garganta fluvial do Sil. As paredes graníticas enmarcan o curso do río en profundidades de ata 500 m respecto ás plenichairas circundantes formando o que se coñece como Canóns do Sil. O sector central destes canóns aparece incluído no Inventario de Espazos Naturais elaborado pola Xunta de Galicia.



     Actualmente existe un fácil acceso a este lugar debido á gran cantidade de pistas e camiños que se fixeron no seu medio, aínda que para salvagarda-la conservación deste singular espazo sería desexable que se puxese un especial coidado nesta práctica a partir de agora.



     Polo que se refire á fauna cabe destacar que existen ricas comunidades herpetólogas, como por exemplo a cobra viperina, a cobra rateira, a cobra de escaleira, a cobra lisa europea, a cobra de auga, eslizón, lagarta e lagarto verdinegro.



     Encontrámo-lo lobo ibérico e é abundante o porco bravo; son frecuentes a londra, o porco teixo, a xineta, o esquío, o corzo, o raposo, a garduña, a donicela, o ourizo cacho, a toupa, a musaraña, o gato montés e outros pequenos mamíferos. Algúns mamíferos como o lobo –que antano criaba prolificamente no monte de Bolmente- apenas aparecen esporadicamente empurrados pola falta de alimentos e pola presión do home. Outros, como o gato montés, son moi fuxidíos e adoitan vivir en zonas de difícil acceso.




     As aves rapaces volven poboar como azor, o falcón, o gabián, o rateiro común, o miñato, o lagarteiro, o aguiacho cincento e pálido, e con aves nocturnas como o bufo real, o bufo chico, o moucho das orellas, o moucho común, autillo e a curuxa común e campestre. No inverno aparecen concentracións de aves acuáticas tales como patos mergulladores, a garza real e o corvo mariño.


     

     Podemos contemplar outras moitas aves como a cegoña branca, o alcaudón real, o corvo, choia, a gravilla, a pega, o cuco, a bubela, o ouriolo, a rula, a pomba torcaz, o paspallás, a perdiz, o merlo, o peto, o reiseñor, o xílgaro, e un longo etc. de paxaros.


     Estas terras enmárcanse na conca do Sil, que xunto co Cabe actúan de límites municipais polo sur e polo oeste.



     

     Moitos outros arroios recorren estas terras entre os que destacan o Camilo, o Acea, o San Mateo, o Lampaza, o Sante, o Fervedón, o Regato das Lamas, o Pousavedra e o regato de Portizó que conta cunha caída de máis de 250 m.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901