lunes, 20 de enero de 2014

CASA DA GAITA - VIASCON

 CASA DA GAITA
VIASCON
COTOBADE


     Situada en Viascón, concello de Cotobade , a CASA DA GAITA é o primeiro museo galego adicado á gaita de fol.


    Este museo, xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, ten un gran valor histórico e cultural para a música tradicional galega. 



     Acolle unha exposición de instrumentos musicais cedidos por Olimpio Xiráldez, Pablo Díaz, Ricardo Vieites “Caxide”, Emilio Lois e Pablo Carpintero. 


     Esta colección de instrumentos vai acompañada de numerosos paneis didácticos, a través dos que tentaremos explicarche cal foi a historia da gaita de fol, como se aprendía a tocar, cales eran e son as súas tipoloxías e como funciona este antiquísimo instrumento musical.


     A CASA DA GAITA conta ademáis cun espazo adicado a un dos máis senlleiros gaiteiros da provincia de Pontevedra: o mestre Ricardo Portela Bouzas, o gaiteiro de Viascón. 



     Nesta sección acharás abondoso material que, cedido pola súa familia, nos lembra a súa figura, paradigma do digno gaiteiro galego, presidente fundador da Asociación de Gaiteiros Galegos e, sen dúbida, un dos mellores gaiteiros que Galicia ten parido.



     A exposición compleméntase cunha colección de fotografías antigas que dan conta, a través da imaxe, da historia e o contexto deste instrumento musical e os seus intérpretes ao longo do século XX.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Asociación de Gaiteiros Galegos
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901