lunes, 2 de septiembre de 2013

IGREXA DE A ARMADA - MONDARIZ

IGREXA DE A ARMADA
QUEIMADELOS
MONDARIZ


     Mondariz é un lugar cheo de recunchos con encanto que invitan ao pasaxeiro a ser explorados. Nun escenario natural incomparable podes atopar: praias fluviais, sendeiros de contos, muíños, igrexas, un castelo, petos de ánimas, cruceiros, mámoas, petróglifos declarados Ben de interese Cultural (BIC) e vexetación única. 


     Pero sobre todo podes encontrarte a ti mesmo: o teu ser aventureiro, o teu ser explorador, o teu ser emocionado, apaixoado, relaxado… pero a mellor maneira de atoparse é perderse, porque Mondariz é un lugar cheo de Maxia. 


     Maxia que encontras sobre todo na súa vexetación, paseando polos sendeiros, mergullándose nas augas puras do río Tea e nos seus regatos, nas augas sulfurosas mineiromedicinais…


     Mondariz é un lugar cheo de tradicións, tradición cesteira e lendas que pasan de boca en boca e de xeración en xeracións: que contan que as meigas peitéanse nos muíños os días de lúa chea con peites de prata, que contan que en Mondariz a maxia existe en todos os seus elementos…



Queimadelos:
     Santa María de Queimadelos é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 111 habitantes (47 homes e 64 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto aos anos 2004, cando contaba con 118 habitantes, e 1999, con 133.



     Queimadelos pertenceu á xurisdición de Sobroso para pasar posteriormente a integrarse no concello de Mondariz. 



     É unha das 9 entidades locais menores que existen en Galiza, constituída o 21 de febreiro de 1935 e xestiona os montes de Peralta, Lagoa e Portela.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Natalia e Silvia
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901