MUIÑOS DE GARGAMALA
GARGAMALA
GARGAMALA
MONDARIZ
Mondariz é un lugar cheo de recunchos con encanto que invitan ao pasaxeiro a ser explorados. Nun escenario natural incomparable podes atopar: praias fluviais, sendeiros de contos, muíños, igrexas, un castelo, petos de ánimas, cruceiros, mámoas, petróglifos declarados Ben de interese Cultural (BIC) e vexetación única.
Maxia que encontras sobre todo na súa vexetación, paseando polos sendeiros, mergullándose nas augas puras do río Tea e nos seus regatos, nas augas sulfurosas mineiromedicinais…
OS MUIÑOS DE RÍO
O muíño é unha máquina que utiliza a forza da auga do río para moe-lo gran. Para iso move dúas grandes pedras e no medio o gran; estas grandes pedras son capaces de converte-lo gran en fariña, sexa de centeo, trigo ou millo.
Os muíños de río presentan dous tipos fundamentais: os de rodicio coa roda motriz horizontal, que son os máis antigos e abundantes e os de bruia coa roda motriz vertical, que son máis recentes e se coñecen co nome de aceas. O muíño destinado ó trigo denomínase muíño albeiro.
A forza da auga que entra polo rego move o rodicio, o chocar coas penlas, que son as que reciben o impulso da auga, que roza co penedo e a pedra. Como o gran de trigo ou centeo ou millo baixa pola muxega remata triturado entre as pedras. A zona do muíño onde vai o rodicio chamase inferno, realmente é por onde sae a auga a gran presión e choca coas penlas do rodicio, facendo xirar deste xeito a moa, que realmente é a que tritura. A peza de atrás é para deixar pasar máis ou menos auga, ou tapar simplemente. O freo levanta máis ou menos a pedra do penedo podendo moer máis fino ou baixándoo de todo impedirlle que xire. O tarabelo salta sobre a pedra e fai vibra-la cornizuela para que vaia deixando cae-lo gran. Os muíños teñen mecanismos para detectar cando se termina o gran, incluso tamén para levanta-la pedra para arranxala, cando se pon lisa.
No muíño xurdiron cancións, refráns, contos e ata unha danza: "a muiñeira". Unha muiñada era unha antiga xuntanza festiva de mozos e mozas en torno os muíños, mentres se esperaba pola vez para moer...
Unha noite no muíño
unha noite non é nada
unha semaniña enteira
esa sí é muiñada.
O muíño do meu pai
eu ben lle sei o tempero:
cando está alto, baixalo
cando está baixo, erguelo.
Fun esta noite o muíño
nin moín nin muiñei;
perdín a trenza do pelo
iso foi o que gañei.
unha noite non é nada
unha semaniña enteira
esa sí é muiñada.
O muíño do meu pai
eu ben lle sei o tempero:
cando está alto, baixalo
cando está baixo, erguelo.
Fun esta noite o muíño
nin moín nin muiñei;
perdín a trenza do pelo
iso foi o que gañei.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901