jueves, 26 de septiembre de 2013

MUIÑOS DO PORTO - TOMIÑO

MUIÑOS DO PORTO
VILAMEÁN
TOMIÑO


     As augas do regato do Picoto, na parroquia de Vilameán (Tomiño), movían os rodicios de varios muíños que hoxe en día atópanse restaurados pola iniciativa da Asociación de Veciños. 


     No comezo do percorrido hai un cartel no que lemos: "O conxunto dos muíños hidráulicos do Porto constitúe un dos principais elementos do patrimonio cultural, etnográfico e natural da parroquia de Vilameán, no concello de Tomiño. 


     Orixinariamente, os muíños do Porto foron oito; deles, foron restaurados cinco, o muíño Pequeno, o muíño de Abaixo, o muíño do Medio, o muíño da Viña (ou de Arriba) e o muíño do Amadeo. 


     Ademais, coñéncese restos doutros dous, mentres que do muíño do Conde xa non se conserva apenas nada. 
 

     Os principais muíños do conxunto, o de Abaixo, o do Medio e o da Viña, foron construídos a mediados de século XIX. 


     En xeral, o sistema de moenda era o de "herdeiros" e estableciase en quendas e por familias, xa que cada unha delas tiña asignadas un número de horas para a súa utilización. Todos os muíños tiñan cadanseu encargado. 


     Estes enxeños hidráulicos localízanse na aba do monte Picoto, e por ela baixa o regueiro do Picoto, que servía para movelos e moer así o gran. 


     No verán, por mor da escaseza de auga na canle do Picoto, refórzase coa auga da antiga levada da Miudiña, que chega a Porto dende o río Cereixo, en Tebra. 


     A carón do muíño Pequeno consérvase unha fermosa fonte de pedra, orixinaria do século XVIII.



Vilameán
     San Bieito de Vilameán é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2005 contaba con 428 habitantes ( 215 homes e 213 mulleres) segundo o padrón municipal.




Tomiño
     Ten unha superficie de 106,6 km², e sitúase no antigo territorio de Turonio. A súa densidade de poboación é de 124,91 hab/km².



     O municipio, limitado por montañas, forma parte do val do Miño e fai fronteira con Portugal. 



     Tomiño de forma natural, encóntrase enmarcado pola serra do Argallo ó oeste, que o separa do municipio do Rosal e de Oia; ó norte, a prolongación dos montes de A Groba e do Galiñeiro, limítao dos municipios de Baiona e Gondomar; ó leste continúan as estribacións desta serra, que vai perdendo altitude a medida que se vai acercando as terrazas fluviais do Miño, relevo que o separa do municipio de Tui; e ó sur, separado tamén polo río Miño, limita con Portugal.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901