IGREXA DE SAN MARTIÑO DE OLEIROS
OLEIROS
RIBEIRA
Igrexa de San Martiño de Oleiros
Crese que con anterioridade a este templo puido existir outro románico como testemuña á escultura da Mater Dolorosa embutida no muro do adro.
A igrexa actual foi mandada construír pola Orde Beneditina (o seu patrón é San Martíño) e foi ampliada en 1853. Consta dunha planta en cruz latina con sancristía na cabeceira.
Está dividida en catro tramos por arcos faixóns de medio punto apoiados en pilastras e que sosteñen unha bóveda de canón. A tribuna atópase aos pés da igrexa. No segundo tramo dúas capelas laterais xemelgas construídas nos anos 40 e cubertas con bóveda de aresta. O presbiterio e a sancristía tamén cóbrense con bóveda de aresta.
Os seus muros son de perpiaño, a excepción dos esquinais que son de cantería de granito. Salvo a fachada, o resto dos muros están cubertos con enfuscado pintado de branco.
A cuberta é a dúas augas con tella curva. A fachada principal é de gran simplicidade. Ábrense tres ocos: a porta principal rectangular, sobre ela unha fornela en arco de medio punto coa imaxe de San Martíño e na parte superior unha ventá cadrada.
Remata cunha cornixa a dúas auga no vértice da cal se levanta o campanario.
Acceso
Dende Ribeira, tomaremos a estrada xeral C-550 en dirección Porto do Son e Noia. A uns 5 km aproximadamente chegaremos ao lugar de Oleiros no que hai un cruzamento de estradas. Tomaremos a pista da esquerda que conduce directamente á igrexa.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA








No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901