CRUCEIRO DA COSTA
CORNES
ROIS
Trátase dun cruceiro de tipo de capela ou de Loreto. Na parroquia de San Mamede hai tres deste tipo.
Atópase á beira dereita da estrada que vai de Urdilde a Rois; é nunha encrucillada, fora do núcleo de casas Cornes pero a moi pouca distancia.
Aséntase sobre unha base de plataforma cuadrangular e formada por unha grada de tres chanzos que observamos na parte frontal do cruceiro, posto que os laterais están tapados por o terreo e a vexetación.
Deste último chanzo e sen pedestal sae o fuste, que é monolítico e de forma cuadrangular no comezo e no final, no tramo central ten as arestas rebaixadas.
Na parte central e frontal do fuste hai unha figura, un santo que viste hábito longo e semella ter cordón, semella tamén portar algo pero está moi deteriorada a figura, con probabilidade se trate de San Antonio ou San Francisco.
Sobre o fuste vemos un capitel sen adornos nin figuración salvo no frontal que ten unha cabeza de anxo alado.
Encima vai a capela que é a parte máis destacable deste cruceiro. O teito é abovedado, comezando con arco de medio punto e formando unha bóveda de canón, e no interior a representación dunha cabeza de anxo, de grande calidade escultórica.
Na parede lateral interna esquerda ten gravada en baixo relevo unha virxe, moi erosionada e de trazo groxo é de pouca calidade escultórica. No exterior da capela non ten ningunha representación.
No interior da capela ten unha virxe máis está figuración é relativamente actual, pois a orixinal desaparecerá. sobre a capela coroa a obra unha cruz lisa sen ningún tipo de motivo. Pero está tampouco é a cruz orixinal do cruceiro que desapareceu hai aproximadamente 30 anos. A orixinal tiña un cristo crucificado.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901