CRUCEIRO DO ADRO
XUNQUEIRA DE AMBIA
Esquinado no adro da colexiata de Sta María a Real de Xunqueira de Ambía, temos este cruceiro de S.XVI.
Cruceiro barroco con dous chanzos sobre os que asenta base cadrada decorada, da que sae un varal cilíndrico e acanalado verticalmente, con coroa de espiñas na base, no centro e na cima.
Cruz con Cristo e Virxe da Piedade, con discos coas imaxes dos evanxelistas nos extremos.
Forma parte do conxunto declarado monumento histórico artístico en 1931.
Comarca de Allariz
A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense que linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.
Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos:
Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901