jueves, 6 de marzo de 2025

LAGAR DE CERA DE PARAÑOS - PARAÑOS - COVELO

 LAGAR DE CERA DE PARAÑOS

PARAÑOS

COVELO

Os lagares de cera
    Estes singulares elementos consisten en prensas de viga que se utilizaban para procesar os panales das abellas e conseguir grandes bloques de cera amarela. 

     Aseméllanse en moitos aspectos aos do viño, sidra ou aceite, aínda que cunhas especificidades propias derivadas da materia prima que van a prensar.

     Desta maneira, ademais do fuso, do peso e do taco de prensar contan cunha caldeira onde ferver os panales, con elementos filtrantes como os “seiróns” de esparto e cuns pilones que servían para a separación da cera mediante o diferencial de densidades.

      Estes lagares albergaban tamén todos os elementos dos que se valía o artesán durante a elaboración da cera amarela, desde os cazos de cobre utilizados no transporte da materia prima da caldeira ata o taco de prensar ou as caldeiras de cobre para ferver os panales coa auga.

      O proceso de traballo do lagar da cera conseguía a obtención de grandes bloques de cera amarela que se podían empregar en diferentes industrias como a do calzado, para a elaboración de candeas amarelas ou destinar para o seu branqueo.

      En Galicia podemos atopar grandes lagares da cera con almojayas que poden exceder os 8 metros de lonxitude e que contan con grandes pilones de separación da cera inmóbiles feitos normalmente de pedra. 

      Exemplos relevantes desta clase de lagares son os dous existentes no Covelo (na Lamosa e en Paraños) e o de Casanova, en Forcarei.

Curadoiros da cera
       Os curadoiros ou eiras da cera son espazos arquitectónicos ao aire libre, cubertos con lousas de pedra e que adoitan formas diversas, podendo estar a rentes do chan ou elevados. 

        Normalmente están orientados cara ao sur, sen ningún obstáculo que produza sombra para favorecer o mellor aproveitamento da insolación.

      Son estruturas rectangulares, compostas por grandes lousas de granito, traballadas pola cara visíbel cunha leve inclinación. 

       Conforman un empedrado perfecto e moi ben traballado que remata en todo o seu perímetro, nunha sorte de bordo feito en pedra elevado sobre a superficie da eira. 

       Estes curadoiros poden chegar a ter unha superficie de 132 m2.

        Usábanse para branquear a cera ao sol (que era estendida sobre a súa superficie durante varios días). 

        Con este proceso conseguíase que o efecto fotoquímico da radiación solar tornase a cera amarela en branca (chamada popularmente “cera esperma”).

 VIDEO

VIDEO

MAPA

 

 Autores: Damián & Diego Copena Rdez.
Fuente: www.campogalego.es

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901