miércoles, 7 de febrero de 2024

EIRA DE PENEDO - O PENEDO DE XUVENCOS - XUVENCOS - BOBORÁS

EIRA DE PENEDO

O PENEDO DE XUVENCOS

XUVENCOS

BOBORÁS

O Penedo de Xuvencos
     O Penedo de Xuvencos é un lugar da parroquia de Xuvencos no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño.

     Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 44 habitantes (23 homes e 21 mulleres), tres máis ca en 2010 (20 homes e 21 mulleres).

Xuvencos
      Santa María de Xuvencos é unha parroquia do concello ourensán de Boborás, onde se localiza a cabeceira municipal.

      Segundo o IGE en 2011 tiña 366 habitantes (169 homes e 197 mulleres).

Xeografía
     A parroquia está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. A súa actividade principal é a agricultura, xunto cos servizos derivados da capitalidade –centro de saúde, farmacia, dependencias municipais, bancarias...– e unha certa actividade comercial e de hostalería, cunha casa de turismo rural.

Patrimonio
      No lugar da Torre, preto do lugar do Penedo de Xuvencos, existiu un castelo, derrubado en 1467 no marco da Gran Guerra Irmandiña.

     O templo parroquial, de estilo románico, consta dunha soa nave rectangular modificada na espadana e na ábsida no século XIX. Contén un retablo barroco excepcional así como o cruceiro do Bispo que se atopa á entrada do templo.

     A Festa das Mudaciós celébrase o segundo e o terceiro domingo do mes de maio. Consiste na mudanza e intercambio das imaxes da Virxe de Xuvencos e a Santa Sabela que se garda na capela de, que durante unha semana intercambian os seus puntos de domicilio.

      Cada catro anos báilase nesta festa a danza de Xuvencos. Catro parellas de homes e mulleres solteiros da parroquia celebran o paseo, tres muiñeiras, tres paleados e o entrenzado que se fai arredor dun pau que ten na súa punta a figura dun boneco ó que se lle chama popularmente Xigante.

     Este danza está vinculada á poderosa Confraría da Virxe que existiu na parroquia e mais á do Rosario de Cameixa, pois ata o céculo XIX a mudación se facía entre Xuvencos e Cameixa.

Lugares de Xuvencos
     A Almuzara, Bergazos, Boborás, Franza, O Igrexario, A Lama, O Penedo de Xuvencos, As Quintás, Rodas, Sande, Xesteira

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. 


     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901