miércoles, 7 de febrero de 2024

CRUCEIRO DO IGREXARIO - XURENZÁS - BOBORÁS

 CRUCEIRO DO IGREXARIO

XURENZÁS

BOBORÁS


 CRUCEIRO DO IGREXARIO
     Cruceiro dun chanzo previo a base de sección cuadrangular, fuste columna ou varal octogonal rematado en capitel dórico simple e cruz sinxela. Ten unha mesa a modo de ara, ou altar de pedra sobre xambas. 

     Atopase fronte a Igrexa a 80 metros aproximadamente.

Xurenzás
      San Pedro de Xurenzás é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

       No ano 2007 tiña 110 habitantes, deles 55 eran homes e 55 eran mulleres, o que supón un incremento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio
     Na igrexa de San Pedro consérvanse dous baldaquinos en pé, a ámbolos lados da nave central. Na parede protexida por estes descubríronse recentemente pinturas góticas representando a San Sebastián e á Virxe.

Xurenzás na cultura popular galega
       Unha lenda busca explicar a orixe do nome de Xurenzás. Conta que un mouro chamado Zas, que vivía nesta parroquia, se enamorou da filla doutro mouro, que tamén vivía aquí, pero este non llela quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala. Entón, Zas declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "Xuro en Zas que estou vencido". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás.

       Vítor Vaqueiro dá unha segunda versión, na que foi Zas, despois de teimar ante o pai da moza e mesmo intentar comprarlle a filla, quen a encantou, ante o que o pai declaroulle a guerra, aínda que a perdeu. Zas, vencedor, obrigoulle a proferir o xuramento .

Lugares de Xurenzás
      Ensalde, O Igrexario, A Ponte Nova, O Prado, Valboa, Ventosa, Xurenzás

MAPA 

 

Fuente: Concello de Boborás

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901