PRAIA DOS CRISTAIS
FARO SILLEIRO
RÍA DE VIGO
A praia dos cristales situada no Cabo Silleiro os pes do Faro Vello de Cabo Silleiro e o resultado do restos de un antigo vertedoiro, o traballo das ondas do mar, foi quen de tritutar os cristais do vertedoiro e ceremicas facendo unha acumulacion moi importante que da un resultado expetacular.
E recomendable para apreciar o maxico que resulta o lugar acudir coa marea baixa
Cabo Silleiro
O cabo Silleiro, é un cabo situado no suroeste de Galicia, na parroquia de Baredo (Baiona), que pecha a ría de Vigo polo sur, marcando o inicio das Rías Baixas cara ao norte. É o punto máis ó norte da costa de Baredo a Camposancos.
Faro
O Faro de cabo Silleiro, construído en 1866, ten unha altura de 9 metros sobre o chan e 85 sobre o nivel do mar, cun alcance de 30 millas.
Instalacións militares
Na década de 1940 construíuse na zona, a batería de artillaría costeira J4, con 200 metros de galerías subterráneas conectando catro pezas de artillería Vickers modelo 1923 de 152,4/50mm de 1943, fabricados pola Sociedad Española de Construcción Naval en Reinosa, co obxectivo de protexer o porto de Vigo e a entrada á vila de Baiona.
A base foi abandonada durante os anos noventa. En 1998 retirouse o perímetro de seguridade.
As intalacións pertenceron ao Ministerio de Defensa de España ata o ano 2021, cando, tras trinta anos de negociacións, as mercou o Concello de Baiona por 370.000 €.
Naufraxios
Nas augas de cabo Silleiro afundiron dous barcos: o ABC e o Collingham (chamado polos baioneses O Cunichán).
VIDEO
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901