PASAL NO RÍO CORVO
LIEIRO
CERVO
Parroquia de Lieiro
Dentro desta parroquia cómpre destacar o atractivo turístico de San Ciprián, vila mariñeira que, xunto coa capital do municipio, é o núcleo de poboación máis importante do Concello.
A vila atópase rodeada de extensas praias, entre as que destacan a do Torno, a de Cubelas e a da Caosa.
O seu porto pesqueiro entraña riqueza e constitúe parte da historia deste lugar.
A importancia que ten o mundo da pesca reflíctese na existencia dun Museo do Mar, único na provincia de Lugo. Nesta instalación, situada no antigo grupo escolar, expóñense pezas relacionadas coas distintas modalidades de navegación e pesca, así como buguinas, cunchas, ósos de baleas, arpóns, maquetas de barcos, fotografías, etc.
É de especial beleza o faro desta vila, situado na Atalaia, rodeado dunha área recreativa dende a que se poden divisar os Farallóns, tres illas nas que se orixina a máis famosa lenda do lugar sobre a serea Maruxaina e que están incluídas na ‘Relación de Espazos Naturais’ da provincia de Lugo.
Por último, San Ciprián pode presumir dun pasado destacado e, como mostra, pódense visitar as ruínas de dúas antigas fábricas de salgadura e a ponte de orixe medieval que cruza o río Covo.
Extensión: 10,1 Km2
Poboación: 2357 habitantes.
ALDEAS:
A Venta, Gondrás, Lieiro, O Castelo, O Guioncho, Pedrosa e San Ciprián.
DE INTERESE:
Igrexa de Sta. María e rectoral (Lieiro), capela do Guioncho, capela de San Andrés e de San Ciprián (San Ciprián), pazo de Pedrosa, ponte medieval, antigas fábricas de salgadura (San Ciprián), Museo do Mar, praias do Torno, da Caosa , de Cubelas e de Lieiro.
Comarca da Mariña Occidental
A comarca da Mariña Occidental, ou terra de Viveiro, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro.
A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Esta comarca é unha división oficial da Mariña de Lugo.
MAPA
Fuente: Concello de Cervo
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901