IGREXA DE SANTIAGO
ENTRAMBASAUGAS
A EIREXE
GUNTÍN
Entrambasaugas
Santiago de Entrambasaugas é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo.
No ano 2007 tiña 191 habitantes, deles 96 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón un aumento de 1 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Historia
No lugar de Xoiane está situado o menhir coñecido como "Penalonga".
Santiago de Entrambasaugas aparece mencionada nun documento de Afonso III (ano 897) como Santiago de Senari. Segundo outro documento do século XI, Suario Muñiz e Sancha Velaz fan doazón á igrexa de Lugo das posesións que tiñan na freguesía.
Aquí tivo o seu asentamento a casa mosteiro de San Fiz de Ermo, que séculos máis tarde pasou ás mans dos templarios.
Lugares de Entrambasaugas
Bertamil, A Devesa, A Eirexe, O Foxoiro, Gondarén, Martín, Outeiro, Penela, O Pereiro, Río, San Fiz, Sear, Xoaine
Guntín
Guntín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.
Demografía
Segundo o IGE en 2014 tiña 2.927 habitantes.
Xeografía
O concello, de 156 km², inclúe 32 parroquias. Limita ai norte con Friol e Lugo, ao sur con Portomarín, ao leste co Corgo e co Páramo, e ao oeste con Monterroso e Palas de Rei. Está situado a 19 km da capital provincial, coa que se comunica a través da N-540. Está situado a uns 550 m de altitude, na planicie lucense.
Sitúase no val do curso alto do río Miño, que fai de fronteira polo leste. O río Ferreira fai de límite con Palas de Rei e Portomarín, e a el vai parar o río Levadoiro. Outro afluente do Miño é o río Colmeiro. Todos estes cursos permiten a pesca fluvial.
Patrimonio
O mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares foi declarado Ben de Interese Cultural o 1 de xuño de 1979.
Outros monumentos con esta declaración son o castelo de Besgo, a torre de Francos, a fortaleza da Mota e a torre de Santa Euxea, declaradas o 17 de outubro de 1994.
Economía
No concello destaca o sector primario. Ten 2.000 ha de prados naturais e pasteiros, máis de 4.000 de terras de labranza (destacando o pemento, centeo, pataca, millo e nabo), e unhas 9.000 de uso forestal (carballo, castiñeiro, piñeiro do país e pequenos grupos de freixos, bidueiros, e cerdeiras).
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901