domingo, 8 de mayo de 2022

TORRENTES DE MACARA - RÍO ULLA - PALAS DE REI

TORRENTES DE MACARA

RÍO ULLA

PALAS DE REI

Os Torrentes de Macara

        Os torrentes de Macara están situados no Concello de Palas de Rei (Lugo) no curso alto do río Ulla, onde se atopan coas augas do río Pambre.

     Para chegar ao comezo desta ruta podemos dirixirnos ao Castelo de Pambre. Alí seguiremos a estrada LU-4008 cara á localidade de Ramil e Melide. A uns 2 quilómetros do castelo, antes de cruzar unha ponte, veremos unha pista de terra á esquerda cun cartel que indica os Torrentes de Mácara.

     Pódese entrar pola pista uns 200 metros ata chegar a un bosque de castiñeiros, onde deixaremos o coche. Unha vez no lugar colleremos o camiño que vai á esquerda que nos levará por un camiño a carón do río.


      O camiño non é perigoso aínda que tampouco é chairo. Teremos que estar moi atentos ao terreo, escalando rochas, esquivando árbores. Nalgúns lugares hai vestixios do que debeu ser un valado e uns chanzos de madeira.

     Aquí celebrouse durante uns anos a Copa Galega de Extreme Kayak, a competición máis antiga do piragüismo español. Os dous quilómetros de saltos e rápidos sitúano no grao de dificultade máis alto descrito polos expertos en Kayak. A primeira vez que se celebrou foi en 2005.


      Dar a coñecer este privilexiado entorno natural xurdiu hai case dúas décadas, cando os veciños de Palas e a súa contorna se sentían atacados polo proxecto que pretendía construír un encoro no río Ulla para crear unha minicentral eléctrica. Tratábase de canalizar o río durante dous ou tres quilómetros, xusto nun ecosistema de gran valor paisaxístico.

     Está considerada unha das 10 marabillas galegas. O entorno é marabilloso, destacando a gran cantidade de madroños que hai no seu entorno.

Río Ulla
     O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Toponimia
     Ulla viría de Oula e este á súa vez de Wel. Segundo Leonard A. Curchin en Los topónimos de la Galicia romana significaría "facer virar" na indoeuropea lingua celto-galaica, e que faría referencia ao sinuoso curso do río

Curso
      Ten as súas fontes na comarca lucense da Ulloa, sendo o seu berce varios regatos que se localizan na parroquia de Olveda, no concello de Antas de Ulla. Este lugar está na comarca da Ulloa, á cal precisamente o río dálle nome. Os máis importantes afluentes do Ulla son o Arnego e o Deza. 

      Separa as provincias da Coruña e Pontevedra a excepción de dous pequenos tramos nos concellos de Vedra e Padrón, e desemboca na ría de Arousa tras percorrer 132 km. Considéranse as Punta Palleiro e Grandoiro como a fin do río. Ten unha conca de 2.764 km², a segunda máis importante de Galiza trala do río Miño.

     Conta co encoro de Portodemouros, obra bastante importante no seu tempo. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901