lunes, 7 de marzo de 2022

ANTIGUA ESTACIÓN DE VILANOVA - BARREIRO - LALÍN

 ANTIGUA ESTACIÓN DE DE VILANOVA

BARREIRO

LALÍN

 Estación de San Xoán de Vilanova
     Vilanova é un apeadoiro de Adif, situado no lugar do Barreiro, parroquia de Vilanova, no concello de Lalín, provincia de Pontevedra.

       Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

O Barreiro
     O Barreiro é un lugar da parroquia de Vilanova, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

      Segundo o INE, no 2008 tiña 53 habitantes (26 homes e 27 mulleres), o que supón unha diminución de 2 habitantes con respecto ao ano 2000.

Vilanova
     San Xoán de Vilanova é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.

     Segundo o INE en 2009 tiña 223 habitantes, distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.

Patrimonio
     O castro de Vilanova consta dun recinto de forma oval irregular. O eixo NL-SO, mide uns 110 m no interior e 120 m no exterior. O eixo NO-SL mide 90 m no interior e 100 m exterior, no punto máis ancho. Todo o perímetro está protexido por un terraplén aparentemente de terra, aínda que nalgúns puntos se aprecia a existencia de pedra. Na zona sueste e na sur hai muros de pedra, de cachotaría de xisto, que non alcanzan toda a extensión do terrapléns e non parecen relacionados claramente coa estrutura orixinal. No interior da coroa destaca un afloramento rochoso bastante prominente que funciona como unha especie de parapeto, pois o forte desnivel no sueste foi aproveitado para reforzar as defensas. Precisamente neste sector, ao sur do recinto, é onde está a entrada mediante a interrupción do terraplén.

Lugares de Vilanova
   A Abeleda, O Barreiro, A Canda, As Carreiras, Corrigatos, Costoia, O Cruceiro, Mouriscade, Os Muíños, San Tomé, Vilanova, Vilar de Montes

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901