HOMENAXE A REMEDIOS ALDAO
ASOCIACIÓN VECIÑAL " A FONTE "
CANTODAREA - ESTRIBELA
A Fonte homenaxeou polo 8-M a Remedios Aldao
Chaboleira, 'acarrexadora' e rexente do quiosco da Praza de Abastos de Cantodarea, a súa historia de superación foi o símbolo deste ano
Desas mulleres que gardan a esencia dun pobo. O sentir dos veciños que fixeron do mar a súa profesión, o seu modo de vida e que se dedicaron a iso ata o final.
Así é como definen a Remedios Aldao as súas veciñas, as mulleres que compoñen a Asociación Veciñal A Fonte Cantodarea-Estribela, que escolleu á viva imaxe da muller traballadora marinense para homenaxear a todas as demais neste 8 de marzo.
Remedios, ou Reme como a coñecen moitos, cumprirá 93 anos o próximo 11 de marzo e viviu toda a súa vida rodeada dos oficios pesqueiros que construíron Marín. "Aquilo era un martirio", recorda dos seus días como chabolera, unha profesión esencial décadas atrás.
Remedios encargábase, xunto a outras mulleres como ela, de cargar os aparellos de pesca dos barcos que viñan de faenar e levalos en carreta ao que chamaban 'chabola', un espazo destinado a 'encascar' os aparellos, un método de tinguidura polo que se evitaba que as redes podrecesen en contacto co mar.
O froito do seu traballo secábase no coñecido 'recheo', ocupado pola Praza Marqués de Valterra por parte de Estribela e O Regueiro, de Cantodarea.
Alí tendíanse as redes recentemente encascadas, a condición de que non chovese, o que obrigaba a gardalas todas en tempo marca, recorda Remedios con amargura.
Homenaxe.
A Fonte homenaxou o martes ás 18.00 horas, dia do 8 de Marzo na estatua da Acarrexadora, que non só é o símbolo co que a asociación quere representar a todas as mulleres traballadoras da localidade, senón unha imaxe real tamén para a marinense.
E é que, ademais de chabolera, Remedios foi 'acarrexadora'. Daqueles días tan só quédanlle os recordos de dor e esforzo que a acompañaron durante as longas xornadas cargando peixe á cabeza.
A súa vida sempre estivo e estará ancorada á mar porque tamén el tróuxolle os seus peores momentos. O seu marido, Serafín López, ao que coñeceu mentres "facía a mili" na Escola Naval, foi tamén mariñeiro.
Como moitos outros marinenses, viuse obrigado a embarcar en mareas internacionais, pero na segunda delas, logo de prometer que ía ser a última, nunca máis volveu.
Morreu en Nova York e Remedios quedou soa á fronte da súa familia e non volveu casar.
Tiña 35 anos entón e moita vida por diante cando decidiu porse á fronte do quiosco da antiga Praza de Abastos de Cantodarea, para poder alimentar á súa familia.
O edificio, agora desaparecido, atopábase na Avenida de Ourense e unha das súas esquinas albergaba o seu pequeno local, aberto durante toda a noite para servir "café, viño e copas" aos mariñeiros e militares que acababan ou comezaban a súa xornada laboral en horario nocturno.
Todos eles pasaban sempre polo quiosco de Remedios, un negocio que rexentou ata que a nova Praza de Abastos na Avenida Exército e Mariña deixou sen uso ao antigo Mercado.
A morte do seu marido non foi a única á que se enfrontou Remedios. Fai tan só dous anos perdeu tamén á súa filla, Teresa, en plena pandemia.
O suceso marcou non só á familia, senón a todo o barrio que a rodea, nas rúas que fan de Cantodarea o espazo cultural e familiar que é. Por iso, e en palabras da Fonte, Remedios será este 8-M a imaxe que represente a "todas as mulleres do barrio".
VIDEO
MAPA
Texto: B. Nestar
DIARIO DE PONTEVEDRA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901