MÁMOA DO CRUCE
ALPERÍZ
PARADA
LALÍN
Alperiz
Alperiz é un lugar da parroquia de Parada, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.
Segundo o INE, no 2008 tiña 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres) o que supón unha diminución de 7 habitantes con respecto ao ano 2000.
Historia
Alperiz foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de Santa María de Parada. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Alperiz como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.
Patrimonio
O Altar do Sol é unha mámoa que se pode visitar. A capela-igrexa, edificada no século XIII, conserva a portada, varios canzorros e algúns elementos no interior.
Parada
Santa María de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2013 tiña 76 habitantes (38 mulleres e 38 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.
Historia
Logo do arranxo parroquial da diocese de Lugo de 1890, que suprimiu a parroquia de San Pedro de Alperiz, esta incorporouse á parroquia de Parada.
Patrimonio
O castro de Parada está acollido á defensa natural do río Arnego. Confórmase a partir dun recinto principal de forma ovalada cun sutil estrangulamento na zona oriental. O eixo de maior é o N-S, que mide 100 m ao interior e 135 m ao exterior. O eixo L-O ten 80 m no interior e 100 no exterior. Todo o recinto aparece defendido cun terraplén. Na zona occidental hai restos dun parapeto. A zona central da coroa está ocupada por un afloramento de rochas graníticas e xistosas, que levanta entre 3 m e 4 m, reducindo a superficie habitable. Cara ao SSL o terraplén é de maiores proporcións, cunha caída menos vertical que no resto do recinto. Aquí é onde se sitúa a entrada ao recinto principal pola simple interrupción do terraplén. Ao traspasar a entrada accédese a unha área deprimida, delimitada polos bordos do propio terraplén e pola caída sur do afloramento que ocupa o centro do recinto. Esta zona está invadida por cascallos e vexetación, polo que non se poden precisar máis as súas características construtivas.
O regueiro do Ferro segue o curso dun río que levaba a antigas explotacións mineiras. A Ponte dos Cabalos sobre o río Arnego é unha ponte romana.
A antiga igrexa da parroquia (xa desaparecida), mencionada como Parada de Felis, foi unha doazón feita a Carboeiro no ano 928 e estaba construída na cima do castro. No 1750 foi construída a actual igrexa.
Lugares de Parada
Alperiz, A Eirixe, Parada
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901