CAPELA DA VIRXE DA GUÍA
O PIÑEIRO
COVELO
O Piñeiro
San Xoán do Piñeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (74 mulleres e 62 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 166 habitantes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 44 homes e 52 mulleres.
A parroquia áchase a 9 quilómetros da capital do concello, situada na faldra da Serra do Suído (Espazo natural protexido).
Na Guía do Piñeiro, a uns 500 metros de altitude, existe unha capela sobre un castro sen levantar onde un afeccionado atopou unha brosa da Idade de Bronce. Tamén hai cruceiros e unha vía empedrada.
Lugares do Piñeiro
A Bazoca, O Cabo, Os Carballos, O Coto Pequeno, O Cruceiriño, O Cruceiro, A Curuxeira, O Eido do Crego, O Laxendo, O Medio do Eido, O Piñeiro da Igrexa, O Piñeiro de Areas, O Portal, O Regueiro, O Rigueiro, O Souto, A Torre, O Zacalledo
Comarca da Paradanta
A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.
Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.
Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226
Parroquias de Covelo
Barcia de Mera (San Martiño), Campo (Santa María), Casteláns (Santo Estevo), Covelo (Santa Mariña), Fofe (San Miguel), Godóns (Santa María), A Graña (San Bernabeu), A Lamosa (San Bartolomeu), Maceira (San Salvador), Paraños (Santa María) O Piñeiro (San Xoán), Prado (San Salvador), Prado de Canda (Santiago), Santiago de Covelo (Santiago)
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901