XIX ENCONTRO INTERNACIONAL
DE HOSPITALEIROS E HOSPITALEIRAS
DO CAMIÑO PORTUGUÉS
PONTEVEDRA
O día 3 de outubro celebrouse en Pontevedra a XIX edición do Encontro Internacional de Hospitaleiros do Camiño Portugués no hotel Galicia Palace, encontro que ven sendo un dos veteranos do Camiño e no que se deron cita hospitaleiros e hospitaleiras do Camiño Portugues a Compostela.
Organizado pola Federación Internacional de Asociacións de Amigos do Camiño Portugués a Santiago, reuniu a máis de medio cento de hospitaleiros de Portugal (Braga, Guimaraes, Barcelos, Porto, Esposende e Pontevedra).
Este encontro e cita obrigada dos responsables de moitos albergues do Camiño Portugués e as suas variantes ata Compostela.
No encontro de este ano, o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, presentou os asistentes o proxecto Mar de Santiago, que foi ben acollido por os representantes das asociacións do Camiño.
Ademais, o encontro tamén serviu para compartir experiencias, aportar novas ideas e posibles melloras na atención e hospitalidade que se lle ofrece aos peregrinos ao longo dos albergues do Camiño Portugués.
Outro tema de debate, foi os retos do Camiño no proximo ano, sobre todo os grupos de peregrinos e a sua seguridade nestes tempos de pandemia, e como mellorala.
Clausurou a xornada a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que felicitou e agradeceu os asistentes o seu traballo de atención os peregrinos asi como manter os valores destes itinerarios relixiosos- culturais.
Tamen falou do traballo da Conselleria de Cultura para que o proximo Ano Santo sexa un ano no que o Camiño recupere os pregrinos en número considerable e a seguridade para que o COVID non viaxe por o Camiño.
Eu quero agradecer a Tino Lores e a Antonio Devesa home moi comprometido en Portugal no Camiño de Santiago, polo convite a esta xornada e a visita pra coñecer diferentes lugares do Pais veciño, que por suposto aceptamos.
Tamen fomos invitados a unha viaxe en barco por a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, a que non faltaremos.
Deixovos uns videos coas opinións de Nava Castro, Tino Lores e Nuno Pontes
VIDEO
VIDEO
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901