PONTE DE XUÑO
RÍO SIEIRA
XUÑO
PORTO DO SON
Ponte de Xuño
Ponte de cantería con arco lixeiramente apuntado. De estrutura moi sinxela, formado por doelas dispostas dun a outro lado formando o único arco de que dispón.
Afírmase que é da época romana ou medieval.
A súa simplicidade e localización outórganlle un fermoso aspecto.
Santa Mariña de Xuño, é unha parroquia do concello de Porto do Son, na provincia da Coruña.
Segundo o INE, en 2018 tiña 1.016 habitantes (494 homes e 522 mulleres).
Xeografía
É a segunda parroquia do concello en extensión, e a terceira en número de habitantes. Administrativamente, pola súa pertenza ao concello de Porto do Son, está encadrada na comarca de Noia, máis pola súa localización, pola historia e polas relacións cos pobos veciños, debería situarse na comarca do Barbanza. Dista nove quilómetros de Ribeira e dez de Porto do Son.
A parroquia está atravesada pola estrada AC-550. Linda polo norte coa parroquia de Caamaño, polo sur coa de San Pedro de Muro, polo leste cos montes do concello da Pobra do Caramiñal e polo oeste co océano Atlántico.
O río Sieira, que atravesa a parroquia de leste a oeste, ten case 11 km de lonxitude, sendo o máis longo do concello de Porto do Son. É transitable polas beiras, e ten troitas.
Entre as praias que bañan a parroquia están a praia de Agrexús, a da desembocadura do Sieira en Caamaño ou as propias Furnas.
A carón da praia da Agrexús está a lagoa de Xuño, que forma parte da Rede Natura 2000 e do complexo dunar de Corrubedo, cunha gran biodiversidade vexetal e animal.
Historia
Xuño foi concello de seu, que se saiba entre 1812 e 1836.
Preto das aldeas de Abelendo e Castelo está o monte Pé do Castelo, unha mole pétrea. Nas baixas terras da Coviña hai unha ponte medieval sobre o río Sieira no antigo camiño.
A igrexa parroquial, do século XII, é de estilo románico, se ben ten reformas posteriores.
As Furnas, a Nova e a Vella, constitúen unhas caprichosas formas nas rochas formadas pola acción do vento e o mar. As súas costas son propicias para a práctica do surf.
Lugares de Xuño
Abelendo, A Agra, A Aradiza, Bistipoi, O Campanario, O Carballal, Carballido, O Carrapatal, O Castelo, As Cernadas, A Coviña, O Cruceiro, O Curro, O Foxo, Guiandón, Laranga, As Laxes, Moucho, Outón, Parada, Pedras Altas, Pocilgas, Pozo Negro, Pozocho, Prado do Monte, Santa Mariña, Sieira, As Trabes, Trasdoanes, Ventoso O Zapatal
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901