viernes, 3 de enero de 2020

MILIARIO DE SANTIAGUIÑO DE VILAR - VILAR DE INFESTA - REDONDELA

MILIARIO DE VILAR
SANTIAGUIÑO
VILAR DE INFESTA
REDONDELA


    Miliario romano cilíndrico altoimperial que data do s.II a.C., situado nos últimos metros do tramo do Camiño Portugués que cruza o concello de Mos. Antigamente tamén coñecido como "arada vella". 


     Presenta gravados cruceiformes na súa estrutura, e antigamente era obxecto de prácticas supersticiosas relacionadas coa fertilidade e a sorte


Descrición:
     Este marco é o único que se pode visitar in situ en toda a provincia de Pontevedra. Formaba parte da vía XIX que unía Braga con Astorga, pasando por Lugo, sendo erixido entre os séculos I e III d. C. M. Piñeiro atribúello a Traiano (século II da era cristiá).



     A primitiva inscrición romana foi moi maltratada, pois o miliario presenta cazoletas e cruces gravadas na Idade Media ou na Idade Moderna.


     Este miliario coñecíase na Idade Media polo nome de Anta de maniola, nome que ven do val que alí comeza. Frei Martín Sarmiento describiuno como un marco de división, cando pasou en mula polo seu lado en 1745.


     En 1931 foi adquirido pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. 



     A pesar de que fixeron unha réplica para substituílo, no momento en que os señores Sampedro Folgar, Filgueira Valverde, Novas e o gobernador civil D. Angel del Castillo intentaron permutalo para levar o orixinal ó museo, os veciños fixeronlle fronte, manifestando que “o Marco non se movía de alí”. De non ser polo primeiros, a garda civil tería cargado contra os veciños. O señor Sampedro manifestou entón que “ben está, sigan defendendo a pedra e non deixen que a leve calquera mercachifle”.


Tradición oral:
      O miliario en cuestión é obxecto de prácticas supersticiosas. Os veciños gárdanlle tanta fe que se santigan cando pasan ó lado del.



     Considerouse este miliario como dador de sorte, profiláctico e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra co obxecto de seren fértiles.

VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web PATRIMONIO GALEGO
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901