COVA DA FRANQUEIRA
COTO DA VELLA
A FRANQUEIRA
A CAÑIZA
Pequena cova situada a uns 924 m.s.n.m no lugar chamado “Coto da Vella”, con partes naturais e outras feitas polo home na que podemos ver unha imaxe pétrea da Virxe da Franqueira, duns 1,40 m. de altura de talla gótica, acompañada do Neno.
Esta imaxe é unha réplica exacta da que podemos ver no Santuario da Franqueira, e foi situada neste lugar no ano 1968. Tamén recibe o nome de Virxe da Fonte.
Ao carón da imaxe da Virxe podemos ver unha estrutura metálica con forma de hórreo para gardar as candeas.
Ao carón da cova tamén podemos ver dúas mesas feitas en pedra a modo de altar, unha delas derruída.
Tradición oral:
Conta a lenda que unha anciá, cando ía recoller o seu pequeno rabaño, no lugar que dende entón se denomina “Coto da Vella”, observou un resplandor que iluminou a parte máis escabrosa do monte e que alí, entre os penedos, viu unha imaxe da Virxe María.
O lugar da aparición estaría xusto no límite entre Luneda e A Franqueira, parroquias que se disputaban o dereito a construírlle unha ermida nos seu terreos, dado que o escabroso do punto en que aparecera facía imposible calquera construción.
Engade a lenda que para dirimir a cuestión acordaron colocar á imaxe nun carro tirado por varias xuntas de bois, cos ollos pechados e sen guía, para que marchasen ó chou ata que parasen no lugar onde se había de levantar a ermida.
Ese lugar sería o que hoxe ocupa o cemiterio da Franqueira.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901