lunes, 18 de febrero de 2019

TORRE DE FAFIÁN - OUTEIRO - RODEIRO

 TORRE DE FAFIÁN
OUTEIRO
RODEIRO


Torre de Fafián
Descrición:
     As primeiras referencias que se coñecen son do século XVI. A fortificación constituiu unha avanzadilla do condado de Lemos, aliado do arcebispado de Santiago como contrapoder na comarca do Deza fronte á poderosa casa de Camba. 



     No século XVIII foi convertida en tulla, utilizada para almacenar o gran proveniente da recadación de trabucos. 
 

      Consérvanse, en mal estado, as estruturas graníticas da torre e dos almacéns.
 

Fafián
     Santiago de Fafián é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2013 tiña 77 habitantes (39 homes e 38 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 132 habitantes.


Patrimonio
     Entre os monumentos da parroquia salienta o Pazo de Trasulfe, edificado no século XVII polo conde de Montaos. A igrexa parroquial coñécese como Igrexa de Santiago e é de orixe románica pero no século XIX derrubouse a cabeceira para construír a casa reitoral, e tan só conserva uns poucos elementos románicos.


      O sitio arqueolóxico coñecido como Porta de Arcos, que foi escavado en 1972 polo Museo de Pontevedra, descubrindo restos dunha vila romana.


Lugares de Fafián
Aciveiro, Covelos, Fafián, Outeiro, Trasulfe, Vilachá 


Rodeiro
      Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2.700 habitantes.


Xeografía
     Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e conta con 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.


     Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude. Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.


Historia
     No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.


     A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos. 


     A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.


     En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra.


Parroquias de Rodeiro    
     Álceme (Santa María), Arnego (Santiago), Camba (San Xoán), Carboentes (Santo Estevo), Fafián (Santiago), Guillar (Santa María), Negrelos (San Cibrao), Pedroso (San Xiao), A Portela (San Cristovo), Río (Santa María), Riobó (San Miguel), Rodeiro (San Vicente), O Salto (Santo Estevo), San Cristovo do Az (San Cristovo), San Martiño de Asperelo (San Martiño), San Paio de Senra (San Paio), San Salvador de Camba (San Salvador), Santa Baia de Camba (Santa Baia), Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña), Vilela (Santa María) 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web patrimoniogalego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901