MUIÑO EN MADRIÑÁN
MADRIÑÁN
LALÍN
Santo Adrao de Madriñán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín, na Comarca do Deza.
Segundo o IGE en 2011 tiña 148 habitantes (74 mulleres e 74 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 180 habitantes.
Patrimonio
O pazo de Anzuxao, do século XVIII, no lugar de Anzuxao.
Cruceiro de Madriñán.
Igrexa de Santo Adrao.
O castro de Madriñán, conformado a partir dun único recinto de planta oval, coas seguintes dimensións: o eixo N-S mide uns 95 m no interior e 130 m ao exterior. O eixo O-L mide 65 m no interior e 90 m polo exterior. Se se teñen en conta tamén as defensas exteriores (foxo), a lonxitude é de 115 m. Conserva o parapeto en todo o seu perímetro, agás nas zonas en que foi destruído por actividades antrópicas, en concreto no sector nordés e puntualmente no noroeste. A altura interior do parapeto está entre 2 m e 4 m.
Lugares de Madriñán
Anzuxao, A Goleta, A Grela, Madriñán, Martín, O Pazo, O Piñeiro, Portos, Santradao. A Torre
Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.
O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901